BAXI Ferrol, SUBCAMPIÓN da Eurocup Women. As ferrolás competiron ao máximo na volta da Final ante ESVBA Villeneuve, buscando romper a desvantaxe de tres puntos da ida. A loita estivo á altura pero as locais foron quen de controlar o encontro ata impoñer a súa máxima e coroarse como campioas (84 – 70).
O resultado final non acompañou pero sí toda a Honra para o Club Ferrolá por un camiño nesta Eurocup Women que vai máis alá do Deporte. É unha experiencia que inspirará a diferentes xeracións e xa é patrimonio inmaterial do noso Baloncesto.
O xeito natural de facer 𝑬𝑸𝑼𝑰𝑷𝑶, 𝑩𝑨𝑳𝑶𝑵𝑪𝑬𝑺𝑻𝑶 𝒆 𝑪𝑰𝑫𝑨𝑫𝑬 das xogadoras que dirixe Lino López queda xa por sempre.
Queremos trasladarvos os nosos Parabéns!. E en nome da Federación Galega de Baloncesto, as nosas GRAZAS por facernos partícipes deste fito histórico.
O noso Baloncesto, con vós no máis alto.










