Go! Go! Zo! – Torneo 3×3

O 3×3 FGB fará parada no Monte do Gozo, en Compostela o vindeiro mes de setembro. 

A nova temporada 2024 -2025 abrirase coa celebración do Torneo 3×3 Go! Go! Zo! os días 7 e 8 de setembro. 

Da man deGo! Go! Zo! e coa colaboración deportiva da Federación Galega de Baloncesto actívase este Torneo 3×3, a celebrar na Praza Exterior do Monte do Gozo e con numerosos alicientes lúdicos.

Go! Go! Zo! 3×3 está aberto á participación de equipos 3×3 dende categoría Preminibasket ata Sénior, podendo participar tanto xogadores e xogadoras federados como NON federados e equipos masculinos, femininos ou mixtos. A competición poderá ser mixta. 

O sábado, 7 de setembro o Go! Go! Zo! 3×3 abrirá a competición aos equipos de infantil ata Sénior. A xornada do domingo, 8 de setembro; será xa a quenda dos máis pequenos, as categorías Mini e Premini.

En ambas as dúas xornadas, o Torneo contará con sorpresas, actividades paralelas e moita diversión axeitada a cada idade. 

A inscrición neste O Go! Go! Zo! 3×3 pode realizarse xa vía formularios WEB. 

A inscrición neste Go! Go! Zo! 3×3 pode realizarse xa vía formularios WEB. 

Inscrición GO GO ZO 3X3 – 07/09/24: categorías de Sénior a Infantil. INSCRIPCIÓN XA CERRADA EN TODAS AS CATEGORÍAS.

Nesta data a inscrición pecharase en cada categoría cando se chegue ao total de 8 PRAZAS!

Inscrición GO GO ZO 3X3 – 08/09/24: categorías Preminibasket e Minibasket. Nesta data a inscrición pecharse en cada categoría cando se chegue ao total de 16 PRAZAS!

Categorías coa INSCRICIÓN ABERTA: Preminibasket.  

Categorías coa INSCRICIÓN XA PECHADA: Minibasket.

3x3