Galicia U13 feminina conquista o Campionato de España 3×3 en Melilla

Galicia suma un ouro e tres clasificacións entre os dez primeiros nun campionato con 19 federacións e 80 equipos.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026. A selección galega U13 feminina proclamouse campiona de España 3×3 na cuarta edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputado esta fin de semana, 20 e 21 de xuño; na Praza Multifuncional de San Lorenzo de Melilla. O título chegou tras superar na final á Madrid, nunha competición que as galegas resolveron con autoridade do principio ao fin.

O camiño de Galicia ata o ouro foi exixente. As galegas eliminaron a Cataluña en cuartos de final, despois venceron a Asturias en semifinais, e pecharon a competición coa vitoria sobre Madrid na gran final. A prata foi para Madrid e o bronce para a Comunidade Valenciana.

Non é a primeira vez que Galicia dá un golpe sobre a mesa nesta competición: o ano pasado foi o combinado masculino sub-13 o que se fixo co título, acompañado pola prata de Galicia U15 masculina e o bronce do combinado U15 feminina. Desta volta foi o feminino o que culminou un traballo de temporada que sitúa á FEGABA entre os referentes do 3×3 de base no conxunto do Estado.

O resto das seleccións galegas completaron tamén un paso sólido polo torneo: as dúas categorías masculinas, U13 e U15, remataron en sétima posición, mentres que o combinado feminino U15 finalizou no undécimo posto. Resultados que, nun campionato con 19 federacións e 80 equipos, reflicten o nivel do traballo que estamos a realizar en Galicia.

O Campionato reuniu en Melilla a máis de 300 deportistas nas catro categorías en xogo. Na U15 masculina, Cataluña dominou a competición vencendo na final a Andalucía. Na U15 feminina, Madrid estreou o seu palmarés nesta categoría tras impoñerse tamén a Andalucía. O dobrete catalán completouse co título U13 masculino ante Canarias.

Galería de Imaxes FEGABA

Resultados U13

Resultados U15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias