Galicia será a sede do Campionato de España U17 3×3

A Comisión Executiva da FEB outorgou a organización do Campionato de España de Clubs U17 3×3 á Federación Galega de Baloncesto. O torneo disputarase os próximos días 12, 13 e 14 de xuño.

Será a cuarta edición dun Campionato de España que naceu en 2023 e que se disputou en Mallorca (2023), Punta Sombría (2024) e Cuenca (2025). Os 40 mellores equipos de cada categoría (masculina e feminina) loitarán durante tres días polo título nacional.

Repartiranse en oito grupos de cinco equipos. Os líderes de cada un deles pasarán directamente a cuartos de final.

Os actuais campións son o Casademont Zaragoza en categoría feminina e o Mataró Pando en masculino, tras gañar nas súas respectivas finais ao Ponce Valladolid e o Bilbao Basket.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias