
A FEB ven de comunicar este mesmo luns as designación das sedes dos Campionatos de España Cadete e Infantil de clubs que se disputarán nos meses de maio e xuño de 2015. Nos mesmos Galicia volverá a ser protagonista como escenario de ambas as citas infantís.
A Federación Galega recolle a organización de ambos os Campionatos infantís para este presente temporada, así como para a vindeira 2015 – 2016. Sen dúbida, unha doble e grata noticia para o noso baloncesto.
(info: FEB) Os Campionatos de España de clubs foron, tradicionalmente, un dos momentos importantes na formación dos xogadores de baloncesto máis novos, así como un dos pasos na detección e seguimento de talentos por parte do Gabinete Técnico da FEB. Coa ampliación a 32 equipos tamén se converteron en eventos de gran repercusión social e económica para as cidades sede.
Para esta tempada 2014 – 2015 a FEB xa designou as sedes dos Campionatos de España, en categoría cadete e infantil. A Federación Catalá de Baloncesto, o Concello da Seu d´Urgell, o Goberno de Andorra, Sédis Basquet e BC Andorra serán os organizadores do cadete masculino que terá como sede La Seu d´Urgell e Andorra. Pola súa banda, a Federación de Baloncesto de Castilla e León, CB Agustinos Eras e o Concello de León serán os responsables da organización do cadete feminino, que se disputará integramente na capital leonesa.
En canto aos Campionatos de España Infantil Masculino e Feminino, serán organizados pola Federación Galega de Baloncesto, tanto para esta tempada 2014/15 como para a 2015/16. Neste caso, as cidades sede aínda están por decidir.
Para rematar, faltan por designar os organizadores dos Campionatos de España Júnior Masculino e Feminino, unha vez se revisen os informes de avaliación das candidaturas de organización presentadas.
INFANTIL MASCULINO: 14-20 Xuño. Organiza: Federación Galega. Sede por definir.
INFANTIL FEMININO: 14-20 Xuño. Organiza: Federación Galega. Sede por definir.
CADETE MASCULINO: 24-30 Maio: Sede: A Seu d, Urgell e Andorra
CADETE FEMININO: 24-30 Maio. Sede: León
JUNIOR MASCULINO: 10-16 Maio*. Sede por designar
JUNIOR FEMININO: 10-16 Maio. Sede por designar
*En caso de clasificarse algún equipo español para o Torneo Júnior da Euroliga e este coincida en data coa Fase Final, a data será do 3 ao 9 de maio.










