Galicia 3×3, rumbo ao Campionato de España U13 e U15

As Seleccións Galegas en modalidade 3×3 xa ten as listas definitivas para a súa participación no Campionato de España U13 e U15.

As oito xogadoras e oito xogadores que representarán ao Baloncesto Galego nesta cita, a celebrar en Cartagena (Murcia) o 22 e 23 de xuño; farano liderados polos seleccionadores Esther Muñiz, Andrea Pérez, Alberto Estévez e Sergio González e levando con eles o espírito de traballo dos compañeiros e compañeiras  que formaron tamén parte da preparación. A todos eles, así como aos seus clubs e familias, o noso agradecemento.

A continuación confirmamos as listas das catro selección así como os seus grupos e calendario de xogo:

Calendario U13

U13 FEMININA
Grupo B: Cataluña, Aragón, País Vasco, Galicia e Reg. Murcia 2.

U13 MASCULINA
Grupo C: Canarias, Galicia, Región de Murcia, Cantabria e Melilla.

Calendario U15

U15 FEMININA
Grupo A: C. Valenciana, Ppdo de Asturias, Galicia, Cantabria e Ceuta.

U15 MASCULINA
Grupo D: C. Valenciana, Islas Baleares, Extremadura, Galicia e Región de Murcia 2.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram