
A Área Deportiva FGB activa unha nova actividade formativa a celebrar no marco do “All Star Galicia 2017”.
Neste evento de tecnificación, a celebrar o vindeiro un de maio na localidade de Boiro, o departamento de adestradores FGB abre a posibilidade aos técnicos galegos que se atopen en formación de asistir, observar e, posteriormente, intervir nos adestramentos dos xogadores e xogadoras convocados nesta cita coa xeración 2004 baixo este plan:
(09:30 h) Chegada ao pavillón.
(10:00 h – 12:00 h) Observación do adestramento feminino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.
(12:00 h – 14:00 h) Observación do adestramento masculino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.
A actividade poderá completarse asistindo aos partidos da quenda de tarde (16.30 h e 18.30 h).
Inscrición
Os adestradores que desexen involucrarase na dinámica deste “All Star Galicia 2017” dende esta perspectiva formativa poderán solicitalo, antes das 14:00 h deste vernes, 28 de abril; vía mail a adestradores@fegaba.com indicando o nivel do seu último curso de adestradores realizado.
Os requisitos e detalles concretos do que exixirá a participación nesta actividade poden consultarse no documento oficial que achegamos.












