Formación CGAB: máis alá do chifre. O Poder da comunicación

Nova sesión formativa online do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto.

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto organiza unha nova sesión formativa en formato online, aberta a todos os seus integrantes —árbitros e oficiais de mesa—, que terá lugar o vindeiro luns, 16 de marzo de 2026, ás 20:00 horas.

A sesión, titulada “Máis alá do chifre. O poder da comunicación”, será conducida por Pachu M. Torres, Delegado ACB e integrante do colectivo arbitral galego, e abordará a importancia da comunicación verbal e non verbal na arbitraxe. Durante a charla analizaranse situacións e claves para mellorar a capacidade de transmitir seguridade, control e credibilidade en pista.

Todos os integrantes do CGAB interesados en participar poden inscribirse a través do formulario habilitado para tal efecto.

 Formulario de inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias