
O Comité Galego de Árbitros retoma a labor de formación de carácter presencial e pon en marcha, de cara ao mes de febreiro, catro convocatorias para os seus cursos de iniciación árbitral.
As delegacións de Lugo, A Coruña, Ferrol e Santiago son as protagonistas desta oferta formativa, que se formulará con carácter presencial, aberto e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs de cada zona.
Con sedes concretas e datas particulares para cada caso, o CGAB contará coa colaboración de colexiados de categoría ACB e FEB, como profesores; os cales liderarán os seguintes programas:
Curso Iniciación A Coruña
Sede: A Coruña
Datas: 5 ao 8 de febreiro.
Curso Iniciación Ferrol
Sede: Ferrol
Datas: 6 ao 8 de febreiro.
Curso Iniciación Santiago
Sede: Palmeira
Datas: 7 ao 9 de febreiro.
Curso Iniciación Lugo
Sede: Sarria
Datas: 8 ao 10 de febreiro.
Os requisitos didácticos de cada convocatoria poden consultarse nos documentos que se achegan.
Inscrición
Todos os interesados en inscribirse ou informarse polo miúdo de cada convocatoria poden poñerse en contacto co respectivo comité zonal:
Curso Iniciación CGAB Ferrol: 06 a 08/02/18
Curso Iniciación CGAB Coruña: 05 a 08/02/18
Curso Iniciación CGAB Lugo (Sarria): 08 a 10/02/18
Curso Iniciación CGAB Santiago (Palmeira): 07 a 09/02/18












