Equipo directivo e persoal da Federación Galega de Baloncesto queremos trasladar as nosas condolencias polo pasamento de Victorino Melle.
A historia das institucións configúrase, en boa medida, grazas ao traballo , das persoas que formaron parte dela. Hoxe, con gran pesar, despedimos a Victorino Melle, quen foi parte importante desta Federación Galega de Baloncesto e, por suposto, do Baloncesto Lucense.
Victorino foi traballador, directivo, e impulsor do crecemento desta Federación, formando parte dela máis de 20 anos. Gran parte do seu legado fica xa con nós.
Enviamos o noso máis forte abrazo á súa familia e achegados, que contan con noso cariño.
Por sempre. DEP.










