Hoxe queremos trasladar o noso máis sentido pésame polo pasamento de toda unha institución do noso Baloncesto, Alfonso Pazos.
O seu legado deportivo e persoal permanecerá para sempre xa en varias xeracións. A súa pegada no Baloncesto Galego, e en especial no vigués; estará cada día ben presente, xa que fixo del un lugar mellor. O seu corazón xeneroso sempre estivo aberto para os demais.
Todo o noso especial cariño á súa familia, aos seus achegados e a todas aquelas persoas que tiveron en Alfonso a ese referente imprescindible no Deporte, e na Vida.
Descanse en Paz.












