
Lourenzá Ensino e Maristas Coruña afrontan esta fin de semana, na casa do primeiro (Pavillón de Lourenzá); a Fase Final a Catro da 1º División Nacional Feminina Grupo A. Na mesma ponse en xogo unha praza na Fase de Ascenso a Liga Feminina 2.
Este sábado e domingo, 10 e 11 de maio; os equipos clasificados do 2º ao 5º na liga regular da Primeira División Feminina Grupo A, entre os que se atopan os nosos representantes Lourenzá Ensino (2º) e Maristas Coruña (4º), buscarán conseguir unha praza para a Fase de Ascenso a Liga Feminina 2.
Farano baixo o formato de Final a Catro, coa disputa de semifinais, final e encontro polo 3º e 4º posto. Xunto a lucenses e coruñesas, competirán Quattro Dance Avilés G.D. Bosco e Universidad de León B.F.
O Pavillón de Lourenzá será a sede para estes catros partidos, que se presentan co seguinte calendario:
10/05/2014
(17:00 h) Semifinal 1: QUATTRO DANCE AVILES G.D. BOSCO – E.D. LOURENZA ENSINO (64 – 67)
(19:00 h) Semifinal 2: SONDEOS DEL NORTE MARISTAS – UNIVERSIDAD DE LEON B.F. LEON (62 – 65)
11/05/2014
(10:00 h) 3ª e 4º Posto: SONDEOS DEL NORTE MARISTAS – QUATTRO DANCE AVILES G.D. BOSCO (54 – 85)
(12:30 h) Final: E.D. LOURENZA ENSINO – UNIVERSIDAD DE LEON B.F. LEON (71 – 53)












