Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, homenaxeamos a Luísa Villalta, autora coruñesa que dedicou gran parte da súa vida non só á publicación de poemas e ensaios en galego, senón que tamén tivo unha brillante carreira como violinista.
Dende a FEGABA, convidámosvos a compartir vídeos recitando os vosos fragmentos favoritos das súas obras. E para aqueles clubs, colexiados e oficiais que se animen, e nos etiqueten ou mencionen nas redes sociais; temos un agasallo moi especial: un marca páxinas creado como recoñecemento do Baloncesto Galego a Luísa Villalta, á súa obra, e á Nosa Lingua!.
Descubride a continuación Como participar da nosa homenaxe:












