FEGABA leva o Torneo 3×3 “Elas Seguen na Cancha” a Ferrol na fin de semana da Copa Galicia Sénior Feminina

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) organiza un novo Torneo 3×3 “Elas Seguen na Cancha”, que se disputará en Ferrol coincidindo coa celebración da Copa Galicia Sénior Feminina na cidade.

O torneo, dirixido ás categorías femininas, terá lugar o sábado, 12 de setembro; na explanada exterior da Malata, cunha pista oficial da propia Federación.

Inscrición

O torneo contará con catro categorías de xogo, tres delas combinadas: Premini e Minibasket, Infantil e Cadete, Júnior e Sénior e Veteranas. As prazas serán limitadas por cada categoría, e a inscrición é gratuíta a través de FORMULARIO WEB. 

As integrantes dos equipos, que poden pertencer a clubs diferentes, deben estar federadas, contando para este requisito a licenza da tempada 2025-2026 ou na actual 2026 – 2027. 

Este novo paso da campaña “Elas Seguen na Cancha” súmase ao Torneo 3×3 celebrado en maio en Santiago de Compostela, coincidindo co Campionato de España 3×3 U17 de Clubs, e reforza o compromiso da FEGABA coa loita contra o abandono da práctica do baloncesto feminino en idades máis novas.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias