FEGABA – GS360 PLAY: Encontro virtual cos clubs!

O vindeiro luns, 18 de novembro (18:00 h), o noso partner GS360 Play ofrece a todos os clubs a posibilidade de participar dun Webinar para coñecer, en detalle, o novo acordo coa FEGABA e as vantaxes que o mesmo pode ofrecervos!

GS360 play é unha innovadora plataforma de streaming para o Deporte Galego. Nela, os clubs FEGABA poden gozar xa dun desconto de 600€ sobre o servizo “VEO Cam 3” coa compra dos diferentes produtos: Cámara VEO3, Trípode, Subscrición Team ou Club e Veo Live.

Trátase dunha oferta perfecta para aqueles clubs que buscan subir o nivel das súas gravacións. E iso non é todo, inclúe o servizo gratuíto de retransmisión na plataforma GS360Play.

Con VEO Live + a canle do teu club en GS360play poderedes retransmitir os teus partidos en directo á plataforma GS360play de forma sinxela, combinando a tecnoloxía de Intelixencia artificial máis avanzada cos procedementos que permiten ter unha usabilidade única e unha solución de produción ao alcance de todos.

Para coñecer todos os detalles e vantaxes desta oferta, GS360 Play agárdavos a todos no citado encontro online do vindeiro luns (18 de novembro – 18:00 h). No mesmo, poderedes tamén consultar dúbidas!.

Agradecemos a todos os clubs interesados en participar que o notifiquen previamente vía email a secretaría@fegaba.com antes das 20:00 h do domingo, 17 de novembro.

A continuación remitimos a que será a LIGAZÓN de acceso ao Webinar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias