FEGABA e Asociación de Baloncesto de Porto (ABP) amplian a súa colaboración en áreas estratéxicas

A Asociación de Baloncesto de Porto (ABP) e a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) —a través da Escola Galega de Adestradores (EGA)— formalizaron a renovación e ampliación do seu acordo de colaboración institucional para as tempadas 2026/2027 e 2027/2028.

Tras varios anos de estreita relación, caracterizada polo intercambio de experiencias e coñecementos, ambas as institucións decidiron consolidar as iniciativas existentes e ampliar o alcance da súa cooperación técnica, aproveitando a proximidade xeográfica, cultural e deportiva entre Galicia e a rexión de Porto.

O acordo abrangue áreas estratéxicas esenciais para o crecemento deste deporte, entre as que se inclúen:

• Formación de adestradores: intercambio continuado de instrutores e relatores para seminarios e obradoiros clave (como o Seminario de Formación da EGA e o Obradoiro de Minibasket da ABP).
• Minibasket e categorías de base: promoción de encontros e torneos bilaterais entre a selección galega de minibasket e equipos da Asociación de Baloncesto de Porto, incluíndo concentracións e sesións de adestramento conxuntas en ambas as rexións.

• Intercambio técnico e metodolóxico: sumar modelos pedagóxicos, observación directa de sesións de adestramento e organización de mesas redondas.

• 3×3: organización conxunta de torneos amigables e formación especializada para adestradores.

Este acordo, asinado pelos presidente ABP, Manuel Albano; e o presidente da Xunta Xestora FEGABA, Julio Bernárdez; supón un fito importante para o baloncesto de base en ambas as rexións, ao establecer un marco estable de cooperación continua que favorecerá o desenvolvemento e a cualificación de deportistas, adestradores e outros axentes do eido deportivo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias