Dende aquí tes acceso a documentos de carácter legal e regulamentario, tanto os que corresponden ao ámbito da Federación Galega de Baloncesto como os que rexen na práctica xeral do baloncesto.
A normativa da FGB está composta dos seguintes textos:
· Os Estatutos da Federación, que establecen as normas xerais de réxime interno relativas á composición e o funcionamento do órgano.
· O Regulamento Xeral da Federación, que determina a normativa asociada aos distintos estamentos do baloncesto galego (clubs, adestradores, árbitros, xogadores, etc.), ás competicións, aos órganos administrativos e técnicos e mais ás cuestións de disciplina deportiva.
· As Bases de Competición, que fixan as normas xerais das competicións FGB e mais as normas específicas das distintas categorías (senior, junior, cadete, infantil e mini).
Nesta sección da web tamén podes atopar outros documentos relacionados co regulamento deportivo.