A segunda edición do Campionato de España U17 de clubs 3×3 de Punta Umbría, arrinca este venres, 14 de xuño, coa representación galega de Ensino Lugo (en categoría feminina e masculina), Institutos de Compostela Xunta de Galicia (masculino) e Peleteiro (feminino).
38 equipos masculinos e 38 equipos femininos divididos en oito grupos (seis de 5 equipos e outros dous de 4) con presenza de todas as Federacións Autonómicas competirán dende as 17:00 horas do venres ata o domingo, 16 de xuño; con calendario xa disponible. O venres 14 e o sábado 15 xogarase a fase de grupos, co líder de cada un deles conseguindo a praza para cuartos de final.
O domingo será a quenda da fase final: Os cuartos de final, as semifinais e as dúas finais. As catro pistas poñeranse na Praza Pérez Pastor da localidade onubense de Punta Umbría.










