
As Fases Finais das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket celebraron este sábado e domingo, sete e oito de xuño; en Santiago de Compostela toda unha festa do basket que nos deu a coñecer o nome de catro nos campións galegos nesta temporada 2013 – 2014: Apostol Santiago (Preminibasket Feminino), Bosco Salesianos (Preminibasket Masculino), C.B. Arxil (Minibasket Feminino) e Marín Peixegalego (Minibasket Masculino).
O Pavillón de Restollal acolleu a un total de 20 equipos (12 minibasket e 8 preminibasket) que ofreceron o mellor de sí ao longo de dúas intensas xornadas de baloncesto. Salientar a ledicia vivida na entrega final de trofeos na que participaron o Presidente FGB, Francisco Martín; o Presidente de Honra FGB; Paco García; e a representante de “la Caixa”, María Jesús García Piñeiro.
Galería de Imaxes: Campións Ligas FGB 2013 – 2014
Nos documentos que se achegan remitimos o cadro completo de resultados colleitados en ambas as Fases Finais, minibasket e preminibasket (8 de xuño). Así mesmo, a continuación, detallamos as clasificacións finais de cada unha das Ligas:
Liga FGB Minibasket Feminina
Campión: C.B. Arxil
Subcampión: La Academia Celta
3º clasificado: Seis do Nadal
4º clasificado: Peleteiro
5º clasificado: Pontumio
6º clasificado: Calasancias
Liga FGB Minibasket Masculina
Campión: Marín Peixegalego
Subcampión: Bosco Salesianos
3º clasificado: PBB “A”
4º clasificado: Estudiantes Lugo
5º clasificado: Coreti Etiquetas
6º clasificado: Basquet Coruña
Liga FGB Preminibasket Feminina
Campión: Apóstol Santiago
Subcampión: Peleteiro
3º clasificado: Vilagarcía VBCUP
4º clasificado: C.B. Cluny
Liga FGB Preminibasket Masculina
Campión: Bosco Salesianos
Subcampión: Peleteiro Blanco
3º clasificado: Básquet Coruña 04
4º clasificado: C.B. Vilagarcía 05
Fase Final Liga FGB Minibasket: 07/06/14
Fase Final Liga FGB Minibasket e Preminibasket: 08/06/14










