A máxima competición FGB en categoría masculina chega ao seu punto álxido. Os tres mellores equipos de cada grupo A en Liga Regular teñen agora ante si a cita definitiva na busca do título e da dobre praza de ascenso a Liga EBA.
Será unha competición, a desta fase final, dividida en dúas fines de semana e que contará coa organización de CB Culleredo con sede no Pavillón O Burgo.
O calendario para esta cita déixanos un total de seis partidos, celebrándose unha dobre xornada previa (15/04/23) na que definir as cruces para a loita polo título. Entran en xogo como protagonistas: Club Baloncesto Cambre, Sigaltec, Obradoiro USC, Syngenta Seis do Nadal, Estudiantes Lugo Rio de Galicia e o anfitrión, Traumacor Culleredo.
Fase Final – Previa
15/04/23 – Xornada 1
(10:00 h) Club Baloncesto Cambre Sigaltec (X)
(12:00 h) Obradoiro USC – Syngenta Seis do Nadal (Y)
15/04/23 – Xornada 2
(17:00 h) Estudiantes Lugo Río de Galicia – Gañador X
(19:30 h) Traumacor Culleredo – Gañador Y
Fase Final – Xornada Definitiva
22/04/2023
(17:00 h) 3 – 4 Posto EN DIRECTO VÍA FEGABA TV
(19:30 h) 1 – 2 Posto EN DIRECTO VÍA FEGABA TV










