Dúas xornadas para coñecer ao Campión da 1 División Masculina FGB 2021 – 2022. Este sábado, 23 de abril; e o vindeiro día 30; son as datas marcadas para dilucidar o título de Liga para esta competición, e para conceder outra gran recompensa deportiva á temporada: 2 prazas de ascenso á Liga EBA.
Distribuíndo a Fase Final en Fase Previa e nunha decisiva xornada final, en competición disfrutaremos dende a rolda inicial dos equipos clasificados nos postos 1º a 3º dos grupos A-1 e A-2 da Liga Regular. Veranse as caras baixo un calendario que dá vantaxe aos dous primeiros clasificados, Seis do Nadal e EDM Estradense, que agardarán rival tras un cruce previo dos restantes contendentes. O calendario completo que afrontarán faranos desfrutar dos seguintes encontros: FASE FINAL 1 División Masculina 2021 – 2022
Organiza: EDM A Estrada
Pavillón Manuel Coto Ferreiro (A Estrada)
23/04/22
(10:30 h) Estudiantes Lugo Río de Galicia – Calvo Basket Xiria (A) (87 – 91)
(12:30 h) Obradoiro USC – Sigaltec (B) (85 – 66)
(18:00 h) Syngenta Seis do Nadal – Calvo Basket Xiria (72 – 86)
(20:00 h) Madeiras Tamar EDM A Estrada – Obradoiro USC (58 – 73)
30/04/22 – EN DIRECTO VÍA FEGABA TV
(15:45 h) 3º – 4º Posto: Syngenta Seis do Nadal – Madeiras Tamar EDM A Estrada (62 – 71)
(20:00 h) FINAL: Calvo Basket Xiria – Obradoiro USC (65 – 74)










