Faite Árbitro!: decembro chega con novo Curso de Iniciación activo

Convocatoria en marcha para un novo Curso de Iniciación á arbitraxe. O Comité Galego de Árbitros despedirá este 2024 formando a novos oficiais de mesa e colexiados, que poderán coñecer desde cero, e da man de técnicos CGAB; as regras de Baloncesto coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas.

Curso Semipresencial

Esta será a sexta convocatoria de formación en iniciación da actual temporada e, de novo, realizarase de xeito semipresencial: formato online e común para todos os alumnos na súa parte teórica, e diferenciada por delegacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Arousa) na súa fase práctica:

Parte teórica. Modalidade Online: 20/12/24 (Horario de tarde. 4 horas). Unificada para árbitros e oficiais de mesa.
Parte práctica. Realizarase posteriormente, na marxe das semanas que seguen á formación On line. Esta fase do curso estará integrada na planificación formativa de cada Comité Zonal, e de forma separada para árbitros e oficiais de mesa.

INSCRICIÓN

A Inscrición nesta nova convocatoria dos Cursos de Iniciación a arbitraxe CGAB pode tramitarse xa a través da Tenda Formativa FEGABA.

O Curso ten un custe inicial de 30 euros (inclúe Licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar:

– O Seguro deportivo obrigatorio.

– Uniformidade (o custe desta amortizarase coa realización de partidos, nun máximo de tres meses. Para este proceso asinarase un documento de cesión da mesma, válido ata o pago total da roupa).

A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram