Faite Árbitro!: novo curso de iniciación á arbitraxe CGAB

O Comité Galego de Árbitros activa novo Curso de Iniciación, marcado para celebrarse neste mes de novembro.

As regras de Baloncesto, coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas dos oficiais de mesa serán a base da aprendizaxe nesta formación. O cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un escenario no que o Baloncesto, pero tamén as experiencias persoais enriquecedoras, son protagonistas.

Curso Semipresencial

Este quinta convocatoria de formación en iniciación da temporada 2024 – 2025 realizarase de xeito semipresencial: virtual e común para todos os alumnos e na súa parte teórica, e diferenciada por delegacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Arousa) no apartado práctico:

– Parte teórica. Modalidade Online: 22/11/24 (Horario de tarde. 4 horas). Unificada para árbitros e oficiais de mesa. 
– Parte práctica. Realizarase posteriormente, na marxe das dúas semanas que seguen á formación On line. Esta fase do curso estará integrada na planificación formativa de cada Comité Zonal, e de forma separada para árbitros e oficiais de mesa.

INSCRICIÓN

A Inscrición nesta nova convocatoria dos Cursos de Iniciación a arbitraxe CGAB pode tramitarse xa a través da Tenda Formativa FEGABA.

O Curso ten un custe inicial de 30 euros (inclúe Licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar:

– O Seguro deportivo obrigatorio.

– Uniformidade (o custe desta amortizarase coa realización de partidos, nun máximo de tres meses. Para este proceso asinarase un documento de cesión da mesma, válido ata o pago total da roupa).

A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias