Faite Árbitro!: Activa a última convocatoria de iniciación a Árbitraxe da temporada

Comité Galego de Árbitros activa o seu último curso de iniciación da presente temporada 2024 – 2025.

A que será a SÉTIMA e DERRADEIRA convocatoria de formación en iniciación da temporada, realizarase de xeito semipresencial: formato online e común para todos os alumnos na súa parte teórica, e diferenciada por delegacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Arousa) na súa fase práctica:

– Parte teórica. Modalidade Online: 31/01/25 (A partir das 17:00 h. 4 horas). Unificada para árbitros e oficiais de mesa.
 Parte práctica. Realizarase posteriormente, na marxe das semanas que seguen á formación On line. Esta fase do curso estará integrada na planificación formativa de cada Comité Zonal, e de forma separada para árbitros e oficiais de mesa.

INSCRICIÓN

Inscrición nesta nova convocatoria dos Cursos de Iniciación a arbitraxe CGAB pode tramitarse xa a través da Tenda Formativa FEGABA.

O Curso ten un custe inicial de 30 euros (inclúe Licenza FGB). Posteriormente, unha vez superado o curso, o alumno deberá aboar:

– O Seguro deportivo obrigatorio.

– Uniformidade (o custe desta amortizarase coa realización de partidos, nun máximo de tres meses. Para este proceso asinarase un documento de cesión da mesma, válido ata o pago total da roupa).

A idade mínima para realizar o curso é a dos 14 anos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram