
A Federación Galega de Baloncesto publica a segunda edición de “Estudio Basket FGB”, a súa recente aposta audiovisual co obxectivo de analizar a actualidade federativa dende un particular punto de vista.
A FGB, en colaboración con Pasión Media Comunicación, estrea o segundo programa do seu proxecto de YouTube “Estudio Basket FGB”. Esta nova proposta, que segue a ser obtecto de mellorar para próximas edicións mensuais, trae consigo en imaxes a análise do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, un pequeno repaso da final da Copa Adecco Plata, así como unha especial entrevista a fondo do Presidente da propia Federación Galega Francisco Martín, que aborda temas de índole persoal xunto a cuestións de plena actualidade como, entre outras, a situación da Federación Española de Baloncesto ou a relación da FGB coas institucións.
Xunto a Francisco Martín, os protagonistas que se poden ollar e escoitar neste “Estudio Basket FGB” son, entre outros; Javier Llorente, técnico do Marín ENCE Peixegalego, así como os seleccionadores galegos infantís e cadetes: Ricardo Aldrey, Nacho Silva, Víctor Fernández e Miguel Maseda.
A todos, grazas por participar.










