
A cita terá lugar en Lugo este sábado, 22 de abril; buscando decidir que outro equipo representará a Galicia no Campionato de España de Clubs Júnior masculino, para o que xa está clasificado de pleno dereito Club Ourense Baloncesto, campión FGB 2016- 2017 nesta categoría.
O Comité de Actividades FGB fai pública este luns, 17 de abril; a concesión da organización da Fase Final Autonómica Júnior Masculina a Estudiantes Lugo.
O club da cidade da Muralla será o anfitrión desta confrontación, na que xunto a el optarán a unha única praza no Campionato de España da categoría: Obradoiro – Peleteiro, Sigaltec e CB Tui SETA Thermalia, clasificados de 2º a 4º posición, respectivamente, no remate da liga FGB regular.
Os catro equipos, buscarán esa praza no nacional baixo o seguinte calendario e con retransmisión en directo vía FEGABATV:
Semifinal 1:
(A) ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA – TUI SETA THERMALIA (Data: 22/04/17. Hora: 10.30 h)
CAMPO: ANEXO, 1
Semifinal 2:
(B) OBRADOIRO-PELETEIRO – SIGALTEC (Data: 22/04/17. Hora: 12.30 h)
CAMPO: ANEXO, 1
Final:
Vencedor A – Vencedor B (Data: 22/04/17. Hora: 18.00 h)
CAMPO: ANEXO, 1










