A Copa Galicia “Terceira FEB” 2025 ponse en marcha este mércores, 10 de setembro. Con 9 equipos en liza nesta edición, a competición estenderase ata a fin de semana do 27 – 28 de setembro, datas nas que se diputará a Final, con sede e horario de xogo por determinar.
Fase Previa
A rolda inicial da Copa levarase a cabo en dous grupos, con sistema de liga a unha volta en cada un deles, e clasificándose para a final o campión en cada caso.
Grupo A: Ucoga Seguros CB Chantada, Ullaoil Rosalía, Solgaleo Bosco Salesianos e Sigaltec.
Grupo B: Traumacor Culleredo, Inletrón Santo Domingo Betanzos, Estudantes Lugo Río de Galicia, Calvo Basket Xiria e Obradoiro Ames.
O calendario de xogo para esta Fase Previa, que xa conta cos primeiros partidos confirmados, pode consultarse AQUÍ.
O duelo que abre a competición despútase esta mesma noite non Pavillón Vila de Noia (20:30 h), en Carballo; da man de Calvo Basket Xiria e Ineltrón Santo Domingo Betanzos.









