Encontro institucional co Presidente da Federación Catalana de Baloncesto

O noso Presidente, Julio Bernárdez, visitou esta fin de semana a sede da Federación Catalá de Baloncesto Ferran Aril, Presidente da Federación Catalá de Baloncesto (FCBQ), xunto con Toti Mumbrú, xerente da Federación, compartiron o pasado venres 27 de xuño na sede da FCBQ de Barcelona, tempo e constructiva conversa.

Os dirixentes de ambas as federacións puideron establecer un cordial encontro no que intercambiaron opinións, poñéndose ao día da realidade actual de cada unha das dúas institucións e da situación actual do baloncesto en Galicia e en Cataluña, así como perspectivas ao redor doutras cuestións de actualidade e de interese.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram