A Federación Galega de Baloncesto lembra ás persoas censadas e ás candidaturas do proceso electoral ELECCIÓNS FEGABA 2026 dous prazos importantes do calendario electoral:
Voto por correo
O vindeiro venres, 28 de agosto; remata o prazo para exercer o dereito ao voto por correo. Unha vez superada esta data, xa non será posible tramitar esta modalidade de voto, polo que se recomenda non demorar a xestión ás persoas interesadas en participar por esta vía.
Designación de interventores
As candidaturas que desexen nomear interventores para as mesas electorais dispoñen de prazo ata o mércores, 2 de setembro, para presentar a correspondente solicitude, conforme ao establecido no regulamento electoral.
Para calquera dúbida relacionada con estes trámites, poden dirixirse á Xunta Electoral da FEGABA a través da canle habilitada para o proceso.







