– Os asembleístas electos teñen ata o 6 de novembro ás 14:00 horas para formalizar a toma de posesión, e ese mesmo día remata o prazo para presentar candidaturas á Presidencia da FEGABA.
A Xunta Electoral das eleccións á Presidencia, Asemblea Xeral e Comisión Delegada da Federación Galega de Baloncesto reuniuse este venres, 30 de outubro, e elevou a definitiva a proclamación provisional de asembleístas electos.
A Asemblea Xeral queda composta por 46 representantes do estamento de clubs e entidades deportivas, 4 do estamento de árbitros, oficiais de mesa e técnicos arbitrais, 14 do estamento de deportistas e 4 do estamento de técnicos e adestradores.
Toma de posesión
Os membros electos dispoñen de prazo ata o 6 de novembro, inclusive, ás 14:00 horas, para tomar posesión do seu cargo. Para iso deberán enviar o modelo de toma de posesión, xa dispoñible, debidamente cuberto, xunto coa fotocopia do DNI, ao correo electrónico da Xunta Electoral: eleccions@fegaba.com.
Candidaturas á Presidencia
Abre tamén o prazo de cinco días hábiles para presentar candidaturas á Presidencia, que remata o 6 de novembro. As solicitudes poden presentarse persoalmente ou por correo certificado na sede da Xunta Electoral, na Federación Galega de Baloncesto en Santiago de Compostela, ou por calquera outro medio que acredite fidedignamente a súa presentación, incluído o correo eleccions@fegaba.com.
A candidatura deberá ir acompañada da solicitude asinada, da fotocopia do DNI da persoa solicitante e de avais en número non inferior ao 10 % do total de asembleístas.
A acta completa da Xunta Electoral con toda a información e requisitos, así como a documentación para a presentación de candidaturas pódense descargar a continuación:
Acta Xunta Electoral. 30/10/2026
Modelo Aval Candidatura Presidente
Modelo Presentación Candidatura Presidente
Modelo Presentación Entidade a Comisión Delegada
Modelo Presentación Persoas Físicas a Comisión Delegada










