ELECCIÓNS FEGABA 2026: reanudación do proceso electoral

A Xunta Electoral das Eleccións Fegaba 2026 pon en coñecemento que na data de hoxe, 07 de outubro; reanúdase o procedemento Electoral.

Nesta liña, procederase á repetición das votacións a ASEMBLEÍSTAS polo estamento de ADESTRADORES nas 3 mesas que non se consideraron válidamente constituídas, as correspondentes ás delegacións de AROUSA, A CORUÑA E VIGO. Esta votación realizarase o vindeiro 13 de OUTUBRO, conforme ao NOVO CALENDARIO APROBADO este mércores, 7 de outubro; pola Secretaria Xeral para o Deporte. 
A votación realizarase de 15:30 h a 19:30 h de xeito ininterrompido. Todos os electores e electoras chamados ás urnas polo estamento de adestradores deberán votar na sede da delegación que lles corresponda, segundo o establecido no Regulamento Electoral. Lembramos que para poder exercer o seu dereito a voto deberán acudir provistos do D.N.I. a efectos da súa identificación.

As mesas electorais estarán ubicadas nas sedes físicas habituais de cada delegación, coa seguinte excepción:

Delegación de Arousa: sede para as votacións – Auditorio de Vilagarcía.

Pola súa banda, a constitucion da mesa do voto por correo terá lugar o día 15 de outubro.

Todos os detalles e requirimentos do proceso, tanto para os electores como para o propio funcionamento das mesas electorais, poden consultarse polo miúdo no Regulamento Electoral FEGABA.

Regulamento Electoral FEGABA 2026

Novo Calendario Electoral FEGABA 2026

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias