Continuando co cumprimento dos pasos precisos para o correcto desenvolvemento das ELECCIÓNS FEGABA 2026, publicamos nova acta de reunión da Xunta Electoral celebrada este luns, 19 de outubro; na que se procede á corrección de erros da acta de proclamación provisional dos membros da Asemblea Xeral FEGABA, publicada o pasado 17 de outubro.
A corrección afecta ao reconto de votos e ao número de membros a elixir no estamento de técnicos e adestradores, que segundo o artigo 19.1.c do Regulamento Electoral son 4.
Acta Xunta Electoral 19/10/2026 – Corrección Resultados provisionais











