
Club Peixefresco e Concello de Marín reciben como anfitrións este venres e domingo, 20 e 22 de setembro; á EDPR Copa Galicia Sénior Masculina, competición que nesta edición reparte xogo en dúas xornadas. Na tarde deste venres desfrutaremos no Pavillón A Raña, en directo vía FEGABA TV, do encontro polo 4º e 5º posto e da única semifinal a desputar entre os locais, ENCE Marín Peixe Galego; e Club Ourense Baloncesto. Ao vencedor deste encontro agárdalle xa o Monbus Obradoiro na final. Esta terá lugar o domingo, ás 12.30 h, tamén na Raña.
EDPR Copa Galicia Sénior Masculina – Pavillón A Raña (Marín) – 20/09/19
Semifinal Única (20.30 h)
ENCE Marín Peixe Galego – Club Ourense Baloncesto (75 – 95)
Encontro 4º – 5º Posto (18.00 h)
Leyma Coruña – Leche Río Breogán (68 – 75)
Estatística – 4º – 5º Posto: Leyma Coruña – Leche Río Breogán (68 – 75)
Estatística – Semifinal: ENCE Marín Peixegalego – Club Ourense Baloncesto (75- 95)










