Os colexiados Carlos Rozas (Comité Lugo) e Óscar Díaz (Comité A Coruña) representarán á arbitraxe galega no Campionato de España de Seleccións Minibasket 2025.
Ambos formarán parte da expedición galega que vivirá esta experiencia en San Fernando (Cádiz) entre o 12 e o 16 de abril.
Trasladámoslle os nosos Parabéns por esta designación!. Toca seguir traballando ao máximo!.












