Dobre designación galega na Final Four da Copa España

Paula Lema e Jacobo Rial formarán parte dos equipo de 7 colexiados que estarán no Coliseum de Burgos este venres e sábado, 24 e 25 de xaneiro, para dirixir a rolda final da I edición da Copa España.

Tres encontros, semifinais e final; configurarán esta Fase Final a catro dunha copa, na que a representación galega na pista vén tamén da man de Obradoiro CAB. Os santiagueses mediranse en semifinais a Real Betis Baloncesto (17:30 h – 24/01/25). Silbö San Pablo Burgos e Odilo FC Cartagena protagonizarán a outra semifinal (20:30 h – 24/01/25). A final terá lugar o domingo, ás 19:00 h.

A experiencia de Paula e Jacobo nas etapas decisivas de competicións de alto nivel avala unha vez máis a súa presenza nunha cita desta características.

Completan o equipo os seus compañeiros: Javier Ávila Zurita (Andalucía), Carlos Javier García León (Castilla La Mancha), Fernando Ibáñez García (Castilla La Mancha), Rodrigo Palanca Page (Comunidade de Madrid), Francisco José Zafra Guerra (Comunidade Valenciana)

Como técnicos participarán: Javier Castillo Centeno e Mariano Palomo Cañas.

Poderemos seguir tanto a Paula e a Jacobo como ao xogo do Monbus Obradoiro vía LaLiga+. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram