
Lugo acolleu esta fin de semana as Fases Finais A4 da 1º División Júnior FGB. Grazas á organización de Porta XI Ensino en categoría feminina; e de Estudiantes Lugo en masculina, a cidade da muralla viviu esta sábado e domingo, 21 e 22 de abril; a competición que determinou a identidade dos subcampións galegos feminino e masculino: Durán Maquinaria Ensino e Río Ourense Termal, respectivamente.
Con Real Club Celta Zorka e Obradoiro CAB – Peleteiro como efectivos campións de Liga e xa clasificados directamente para a cita nacional, as lucenses e os xogadores da cidade das Burgas conqueriron esa segunda posición que lles permite, ademais, facerse cunha praza no Campionato de España da categoría, cita que afrontarán entre o seis e doce de maio en Badajoz (masculino) e Huelva (feminino).
FINAL A4 1ª DIVISIÓN JUNIOR MASCULINA FGB – LUGO

21/04/2018
(20.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Seis do Nadal (X) (97 – 68)
Campo: Pazo Provincial Deportes
(16.00 h) Rio Ourense Termal – Instituto Rosalía (Y) (88 – 62)
Campo: Pazo Provincial Deportes
22/04/2018
(17.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Río Ourense Termal (74 – 81)
Campo: Pazo Provincial Deportes
FINAL A4 1ª DIVISIÓN JUNIOR FEMININA FGB – LUGO

21/04/2018
(18:00 h) Duran Maquinaria Ensino – Instituto Rosalía (x) (76 – 61)
campo: Pazo Provincial Deportes
(20.00 h) Estudiantes Leyma Natura – Peleteiro (Y) (50 – 66)
Campo: Anexo
22/04/2018
(12.30 h) Duran Maquinaria Ensino – Peleteiro (62 – 52)
Campo: Pazo Provincial Deportes










