
Xa se coñecen os primeiros nomes dos colexiados galegos que participarán nos Campionatos de España de Clubs nesta temporada 2017 – 2018. As categorías júnior e cadete son as que contan coas súas designacións completas, recollendo a participación dun total de seis árbitros CGAB, dos que a continuación remitimos destino:
Campionato de España Júnior Masculino (Badajoz, 06 – 12/05/18)
Iván Escariz (FGB)
Campionato de España Júnior Feminino (Huelva, 06 – 12/05/18)
Adrián Iglesias (FEB)
Paula Lema (FEB)
Andrés Esteban (FGB)
Campionato de España Cadete Masculino (Lleida, 20 – 26/05/18)
Laura Piñeiro (FEB)
Campionato de España Cadete Feminino (Huelva, 20 – 26/05/18)
Elio Clavería (FEB)
En vindeiras datas pecharase esta nómina de colexiados coas designacións para os Campionatos Infantís, citas a celebrar por partida dobre na nosa Comunidade entre o 10 e o 16 de xuño en categoría Feminina (Pontevedra) e tamén en Masculina (Marín).












