Daniel Illán, novo director técnico do Comité Galego de Árbitros

– O colexiado, orixinario de Sarria; tomas as rendas da área arbitral da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), á que pertence dende o ano 2016.

A Federación Galega de Baloncesto comunica a incorporación de Daniel López Illán como novo director técnico do Comité Galego de Árbitros (CGAB).

Daniel encabeza a partir deste venres, 31 de xaneiro, a estrutura do CGAB. A súa chegada abre unha nova etapa na que imprimirá ao Comité a súa ampla experiencia nas diferentes facetas que integran o mesmo.

Colexiado dende o ano 2016, Daniel iniciou a súa traxectoria en Lugo, dando o salto no 2018 á categoría nacional FEB no Grupo 3 (Terceira FEB e Liga Feminina 2), e ascendendo a Grupo 2 (Segunda FEB e Liga Feminina Challenge) en 2023.

Dende esa data, continúa como colexiado en categoría nacional e autonómica, compaxinando esta faceta, en diferentes etapas, coa colaboración técnica co Comité, a labor de titor arbitral e formador, a responsabilidade arbitral na delegación de Vigo e como o presente xefe de estudos da Escola Galega de Árbitros.

Daniel tamén ostenta na actualidade o status de representante dos árbitros non profesionais na Asemblea da Federación Española de Baloncesto.

O seu paso á dirección técnica CGAB representa un novo escenario para a arbitraxe no Baloncesto Galego, apostando polo traballo en pro da estabilidade e mellora.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram