
A Copa Galicia Júnior centrou a atención esta primeira fin de semana de outubro. A Fase Final desta competición, tanto en categoría feminina como masculina; repartiu xogo nas cidades de Vigo e Lugo baixo a organización de CD Bosco e Estudiantes Lugo, respectivamente.
Campións FGB 2018 – 2019: galería de imaxes
A cidade da muralla foi o sábado a sede para a copa masculina, despregando o seu xogo na pista do Anexo 1 o anfitrión, Estudiantes Lugo; Bosco Salesianos, Club Ourense Baloncesto e Instituto Rosalía. Da disputa resultaron vencedores os lucenses, impoñendose na casa, nunha intensa final, ante Club Ourense Baloncesto (108 – 76).
Co mesmo formato pero na xornada do domingo 7, tomou o relevo a categoría feminina con sede no Pavillón vigués de Navia. Neste caso, a “loita” pola Copa autonómica veu da man de R.C. Celta, Estudiantes Lugo, Compañía de María e Peleteiro. Repetindo o esquema masculino, foron tamén as anfitrioas as vecendoras finais, rexistrando a súa vitoria ante Estud¡antes Lugo nun duelo aberto (67 – 48)
Fase Final Copa Galicia Júnior Masculina (Lugo – 06/10/18)

(10:30 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura – Bosco Salesianos (94 – 73)
(12:30 h) Club Ourense Baloncesto – Instituto Rosalía (87 – 67)
(17: 30 h) 3º e 4º posto: Bosco Salesianos – Instituto Rosalía (82 – 52)
(19:30 h) Final: Estudiantes Lugo Leyma Natura – Club Ourense Baloncesto (108 – 76)
Fase Final Copa Galicia Júnior Feminina (Vigo – 07/10/18)
(10:00 h) R.C. Celta Zorka – Peleteiro (80 – 50)
(12:00 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura – Compañia de María (56 – 40)
(17:30 h) 3º – 4º posto: Compañía de María – Peleteiro (56 – 55)
(17:30 h) Final: R.C. Celta Zorka – Estudiantes Lugo Leyma Natura (67 – 48)










