En cumprimento coa lei electoral remitida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e co compromiso de ofrecer a máxima transparencia ao conxunto do Baloncesto Galego, comunicamos a convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria FEGABA.
A reunión celebrarase o vindeiro 23 de marzo de 2026, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda, na nosa sede central en Santiago (Estadio de San Lázaro, Porta 14).
Durante a sesión, a Asemblea abordará os seguintes puntos:
– Reconto dos membros presentes.
– Aprobación do Regulamento e Calendario Electoral e a autorización á Xunta Directiva ou Comisión Xestora para as posibles modificacións que propoña a Secretaría Xeral para o Deporte do indicado regulamento e calendario
– Elección da Xunta Electoral.
A Federación anima a todos os membros da Asemblea Xeral á súa participación nesta sesión, fundamental para o desenvolvemento do proceso electoral 2026.







