Convocatoria activa para un novo Taller Específico de “Minibasket”

A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración co Concello de Ferrol, activa nova proposta de Taller Específico de “Minibasket”.

Baixo este formato xa conocido para os adestradores e adestradoras galegas, a cita terá lugar o vindeiro 1 de mail no Pavillón Javier Gómez Noya, con Miguel Giménez (Director Técnico Escolas Minibasket Casademont Zaragoza) e Rubén Vega (Adestrador Axudante Galicia Minibasket Masculina) como relatores protagonistas. 

O Taller contará con dúas sesións prácticas en pista:

(11:00 h) Miguel Giménez.

(12:15 h) Rubén Vega.

Inscrición

A inscrición neste novo “Taller Específico de Minibasket” debe realizarse vía FORMULARIO ONLINE con prazo aberto para este proceso ata o vindeiro 28 de abril (ás 12:00 h).

Validación

A actividade considérase como obrigatoria para o alumnado dos cursos de iniciación EGA.

Os restantes participantes que non teñan esa consideración poderán validar a súa asistencia completa por un total de 8 horas FC – EGA. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias