Convocatoria oficial para a Asemblea Extraordinaria FEGABA. Baixo circular oficial nº 14, comunícase a celebración da Asemblea Extraordinaria FEGABA o próximo 16 de decembro.
Os asembleístas están citados á mesma ás 17:30 h en primeira convocatoria, e ás 18:00 h en segunda, con localización no Estadio Multiusos de San Lázaro (Federación Galega de Fútbol – Porta 4), en Compostela.
A asemblea, cuxa normativa detállase na indicada circular, realizarase coa seguinte orde do día:
- Reconto de membros presentes.
- Aprobación Contas 2023 reformuladas.
- Aprobación de Orzamento 2025.
- Rogos e Preguntas.












