Conta atrás para o Torneo 3×3 JrNBAFEB e JrWNBAFEB

Comeza a conta atrás para o Torneo 3×3 JrNBAFEB e JrWNBAFEB que traen, nunha nova edición, a Federación Española de Baloncesto e NBA Spain. 

O DRAFT de equipos celebrado este mércores  alzou o pano do que será esta cita, presentada por Kelloggs.

O Torneo visitará Ourense o vindeiro, 10 de maio; coa colaboración da Deputación de Ourense. O Pazo dos Deportes “Paco Paz” encherase da enerxía da NBA a través dun total de 60 equipos de xogadores e xogadoras nadas no ano 2012 ou menos que representarán ás franquicias da mellor liga do mundo.

O cuadrante resultado do Draft para os equipos que gozarán da experiencia en Ourense xa está dispoñible a continuación!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias