Conformado o calendario do Campionato de España U15 e U13 3×3 de Seleccións Autonómicas

Cartagena será a sede da segunda edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas U13 e U15 en categoría 3×3. Disputarase no Municipal de Cartagena e o Anexo ao Palacio dos Deportes desde o vindeiro sábado 22 de xuño ás 09:30 horas.    

(Info FEB) Cartagena toma a substitución de Blanes e vivirá os próximos días 22 e 23 de xuño a segunda edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas en categorías U15 e U13 3×3. Dous días intensos con oito pistas de 3×3 (catro no Municipal de Cartaxena e outras catro na pista anexa do Palacio dos Deportes).

Trátase dun torneo que reunirá a 78 equipos e máis de 300 xogadores e xogadoras, en catro categorías: U15 (masculina e feminina) e U13 (masculina e feminina).

A competición vivirá unha primeira fase disputada integramente o sábado 22, e co domingo 23 para os cruces e os cuartos de final entre os equipos que pelexarán polas medallas.

Na edición pasada conseguiron o título Cataluña nas categorías masculinas U15 e U13; Madrid en U13 Feminino; e a Comunidade Valenciana en U15 Feminina.

Grupos de Xogo e Calendarios

Calendario U13

U13 FEMININA
Grupo A: Madrid, Islas Baleares, C. Valenciana, La Rioja y Extremadura.
Grupo B: Cataluña, Aragón, País Vasco, Galicia y Reg. Murcia 2.
Grupo C: Castilla y León, Andalucía, Ppdo de Asturias, Navarra y Melilla.
Grupo D: Canarias, Cantabria, Castilla la Mancha e Región de Murcia.

U13 MASCULINA
Grupo A: Cataluña, Madrid, Extremadura, Ppdo de Asturias e La Rioja.
Grupo B: Andalucía, País Vasco, Castilla y León, Islas Baleares e Región de Murcia.
Grupo C: Canarias, Galicia, Región de Murcia, Cantabria e Melilla.
Grupo D: Comunidad Valenciana, Aragón, Castilla la Mancha e Navarra.

Calendario U15

U15 FEMININA
Grupo A: C. Valenciana, Ppdo de Asturias, Galicia, Cantabria y Ceuta.
Grupo B: Andalucía, Madrid, Navarra, Melilla y Región de Murcia 2.
Grupo C: Cataluña, Región de Murcia, País Vasco, La Rioja e Castilla la Mancha.
Grupo D: Castilla y León, Aragón, Canarias, Islas Baleares e Extremadura.

U15 MASCULINA
Grupo A: Cataluña, País Vasco, Ppdo de Asturias, Castilla la Mancha e Melilla.
Grupo B: Andalucía, Madrid, Navarra, Región de Murcia e Cantabria.
Grupo C: Aragón, Castilla y León, Canarias, La Rioja e Ceuta.
Grupo D: C. Valenciana, Islas Baleares, Extremadura, Galicia e Región de Murcia 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram