Comunicado Oficial FEGABA

En relación coa denuncia por agresión e ameazas recibida contra un árbitro desta entidade, a FEGABA confirma que a mesma está a seguir a canle disciplinaria procedimentalmente prevista.

A sustanciación dun proceso penal previo impedía coñecer sobre este asunto ata que o mesmo obtivese resolución. Sen ánimo de prexulgar sobre uns feitos sobre os que deberán coñecer os órganos disciplinarios federativos, a FEGABA quere reafirmar o seu compromiso de tolerancia cero con calquera tipo de comportamento violento e/o de falta de respecto entre todas aquelas persoas que conforman o espectro federativo, no seu máis ampla extensión, máxime cando se trata de competicións nas que participan menores de idade.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias