– A cita celebrarase o sábado 31 de outubro no Pavillón de Fontiñas e contará con seis prazas por categoría, desde Premini ata Sénior.
– O prazo para inscribir os equipos estará aberto ata o 27 de outubro a través da web.
A Federación Galega de Baloncesto, na súa firme aposta pola campaña “Elas Seguen na Cancha”, coa que traballamos para reducir o abandono da práctica do baloncesto entre as nenas, activamos un novo Torneo 3×3. O sábado 31 de outubro, no Pavillón de Fontiñas, en Santiago, desfrutaremos desta cita, que reunirá a xogadoras federadas de todas as idades.
Os equipos poderán estar formados por entre tres e catro xogadoras, ben do mesmo club ou combinando xogadoras de clubs distintos. A competición establecerase para as seguintes categorías: Premini e Minibasket Feminina (de xeito combinado), Infantil Feminina, Cadete Feminina, Júnior Feminina e Sénior Feminina.
Inscrición e prazas limitadas
Ábrense seis prazas por categoría, que se cubrirán por orde de inscrición. De existir posibilidade de ampliar algunha delas, activaremos a opción de equipos reserva.
A inscrición xa se pode realizar, co 27 de outubro, ou ata completar prazas, como datas límite para este proceso. Cada equipo deberá rexistrar unha persoa responsable maior de idade.
O que aínda non podemos contar
O Torneo 3×3 “Elas Seguen na Cancha” contará ademais con momentos especiais que irán máis alá do deportivo. Sorpresas que desvelaremos máis adiante e para as que, polo momento, só pedimos que gardedes o día 31 ao completo para vivilas xuntas.












