O proxecto “Basket Bridges – Integración de Inmigrantes a través do baloncesto” xa está en activo!.
Esta iniciativa “Erasmus+Sport”, na que participamos, está dirixida polo Youth Basketball Club Junior (Serbia) e reúne a socios de España (Federación Galega de Baloncesto), Turquía (Sorgun Gençlik Derneği), Polonia (Fundacja Inthinknity) e Grecia (Institoyto Koinonikis Kainotomias kai Synoxis – Instituto de Innovación Social e Cohesión) para mellorar a inclusión social a través do baloncesto. O proxecto ten como obxectivo aumentar a participación dos inmigrantes nos deportes, fomentando ao mesmo tempo as conexións entre os inmigrantes e as comunidades locais.
Compartimos con vós a primeira Newsletter do proxecto, na que se detallan os seus primeiros pasos e o apaixoante que será o proceso, no que xa estamos traballando a pleno rendemento!












