A Federación Galega de Baloncesto suma o seu apoio ao Simposio interdisciplinar Basketology Concello de Arteixo na súa edición 2023.
O evento, que terá lugar no propio Concello de Arteixo entre o 30 de xuño e o 2 de xullo; ofrecerá múltiples posibilidades formativas para os adestradores e adestradoras galegas a través de diferentes charlas, obradoiros e actividades didácticas establecidas en diferentes áreas temáticas e da man de expertos e expertas de referencia nacional en cada unha delas. As catro áreas indicadas son: Preparación técnico táctica, Preparación Física, Psicología Deportiva e Dirección Deportiva.
Validación Horaria
A asistencia á totalidade do Simposio poderá validarse por 20 horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB. Para eles e para todas as personas interesadas en asistir, o Simposio interdisciplinar Basketology ten a súa disposición toda a información e requisitos para a inscrición na súa web oficial: www.basketology.es
Así mesmo, nas propias redes sociais oficiais do evento, Basketology detalla o que será o seu programa de traballo e os profesionais que levarán o temón do mesmo en cada área.












