Ramón Díaz confírmase como unha das principais presenzas no Clínic “Deputación de Ourense”, dentro do espazo do mesmo denominado “Observatorio Aplicado ao Baloncesto”.
Ramón Díaz é un dos mellores expoñentes do desenvolvemento profesional dun adestrador lonxe do seu país. Este técnico granadino ocupa un espazo de privilexio dirixindo a franquía de Capitáns de Ciudad de México, na G-League, liga de desenvolvemento da NBA na que cumpre a súa sétima tempada.
Afincado desde hai 10 anos naquel país, onde combinou o seu traballo neste club coa presenza en selección absoluta mexicana. Cun nivel de adaptación importante e potenciando o desenvolvemento de futuros talentos no paso previo á mellor liga do mundo, a capacidade de Ramón refórzase cada tempada incluíndo novos retos na súa folla de roteiro como é dirixir actualmente a selección masculina U18 de Canadá.
Compartirá vía online no Cíinic de Ourense a súa visión sobre o desenvolvemento do talento cara ao alto rendemento.
Inscrición
A INSCRICIÓN no Clínic Deputación de Ourense continúa aberta, podendo tramitarse por dúas vías e con diferentes opcións de pago. A información completa para este proceso pode consultarse AQUÍ.
A cita terá lugar, en estreita colaboración coa Deputación de Ourense, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño, no Pazo dos Deportes Paco Paz.












