Clinic Deputación Ourense: Hugo López nova confirmación

Hugo López, adestrador xefe nas últimas dúas tempadas de Liaoning Leopards na CBA, Liga profesional en China, confírmase como unha das principais presenzas no Clínic “Deputación de Ourense” que celebraremos en Ourense, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño en colaboración coa institución provincial.

Hugo López desenvolveu un percorrido profesional extenso e exitoso. É o maior exemplo de que o baloncesto non entende de fronteiras e a súa traxectoria, partindo da súa Valladolid natal, levoulle a ocupar bancos de LEB Oro e Liga Endesa en España, e exercer a súa tarefa en países como Canadá, Angola, Suecia, Xapón ata o actual destino no xigante asiático.

A adaptabilidade de Hugo e o reto de ofrecer a súa mellor versión en distintos estilos e propostas baloncestísticas reforza a valía profesional dun técnico que compartirá no Clínic de Ourense gran parte das súas experiencias.

Inscrición

A INSCRICIÓN no Clínic Deputación de Ourense continúa aberta, podendo tramitarse por dúas vías e con diferentes opcións de pago. A información completa para este proceso pode consultarse AQUÍ. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram